viernes, 24 de febrero de 2012


 As palabras máis sinxelas  e básicas son monosílabas ou como moito bisilábicas . 

Restos antropoloxicos dalgunha xerga idiomática, común , indoeuropea que no rastro histórico e similar con poucas variacións fonéticas nas lingoas actuáis faladas dende Galicia a India.

“pan, mar, sal ,un, dous, tres, pé,  man, pai, nai , sol, lúa,  can, pau…..-“

Conforme se van engadindo sílabas ou fonemas o seu significado faise máis complicado ; as novas acepcións para designar obxectos , sentimentos e relacions escomenzaron a soar artificiais,  atá chegar ao punto actual de que as palabras semellan nacer, non do común da xente,  senón de laboratorios ,tal ca os virus, que inoculados na sociedade polos medios de comunicación , deseguida se espallan valeiros do  seu sinificao  orixinal . Asi   foron prostituidas “revolución” e “revolta.

A foto é do pai Minho, medio kilómetro despois do encoro da foto anterior e visto dende as terras de Chantada e os socalcos da ribeira sacra

jueves, 23 de febrero de 2012

Ainda non cau unha pinga de auga  dende o anterior e xa estamos a fin de febreiro.Botei patacas na polveira. Antonte morreume a gata que se chamaba "agata". levaba con nós dez anos. Botei  fora da casa todo o día e cando cheguei a noite atopeina morta no camiño que vai a bodega, tesa xa. Non tiña golpes, nen feridas de pelexa, e tampoco lle vin na lingoa fora  ou espuma de ter comido algún cebo envelenado. Polo que deducin que morreu dun infarto ou asi pola idade,e iso que non vin nela nos derradeiros días signo algún  de senectude ou enfermidade. Sentino ben  . Era agarimosa e moi cazadora. Levou unha boa vida ceibe e tivo 6 partos , so lle quedou unha filla que anda por alí ,ainda que esta é esquiva, e só ven a hora de xantar. Fixenlle un cadaleito  cunha caixa de fruta, e a modo de mortalla , un saco das patacas. Soterreina ao pé dunha pereira. Foi o colofón a unha tempada escura ,bronca e a un antroido de cor gris. Hoxe tampouco hai foto

lunes, 30 de enero de 2012

Seica cando non se ten nada do que falar fálase do tempo. No é certo. Alomenos no meu caso. É-me un asunto ben  desacougante. Despois dun vrao seco en exceso e un outono quente e seco, seguimos cun inverno seco Apenas chove en Galicia, algun orballo e ocasionalmente polo norte e na costa; eiqui no interior  ren.  A terra está reseca e os regatos mudos. Iseoutro día estiven prantando os allos porros e unhas fresas i é penoso; a terra non ten lentura nengunha; ter que regar no mes de xaneiro é ben triste. Mías non pasa nada, sae o sol , a xente pasea, as terrazas volvense a encher . Todo é "coyuntural"(non sei se tera traducción pra o o galego), son "fenómenos de ciclos ambientais". Cajoendiós, non volverá unha glaciación que nos encha de neve ata os collons, e así voltar a disputarlle a comida aos lobos. Millor tratar con lobos que cos boitres, quenllas , corvos e ratas  que hoxe mandan .
 O foto é de Belesar un dos maiores embalses do Miño , a primeiros de outono. entre a seca e o vaziado que fixeron pra obrar e poder turbinar e producir máis ainda.  Ainda hai más  formas de cárceres que as que encerran aos homes.

martes, 24 de enero de 2012


Antonte fun  a unha asamblea. En dez anos era a primeira vez que ía a unha reunión da asociación de veciños do pobo onde vivo, e da que son socio dende fai tres ou catro, xa non lembro.
 A orde do día ou os temas a tratar é o de menos;  o  caso é que acho que a xente  está perdendo definitivamente a capacidad de debater, de acadar acordos que signifiquen melloras no común. 
  O asamblearismo foi defenestrado sen remisión e será moi difícil a súa recuperación .  
 Case  todo é mezquindade, nimiedades , intereses persoais , e rivalidades inter-familias  . 
 O ton vai dende o de condescendente ao indignado ,  do sabido ao alporizado , non hai ton de concordia nin se escoita ao de enfrente máis que pra rebatilo  .
Semella harto dificil pasar dun tema a outro, votar a mao alzada, aprobalo ou non,  e seguir pra adiante .
 Asi é;  a competencia e a desconfianza fornecida polo poder económico destes  tempos globalizadores ,continuadora   da dictadura franquista e da estafa da democracia parlamentaria  estan dándolle coiteladas a morte a  xestión grupal , penso que en todo tipo de asociacións , cando non son  estas directamente promovidas e conducidas polos propios intereses dos partidos politicos e os gobernos de turno como canalizadores das ansias da participacion e xestión directa que existe no ser humano.
O inimigo fixo ben o seu traballo.  
 Vai ser dificil un cambio revolucionario  na forma de pensar , vai ser dificil  que chegue a anarquía ; vai ser difícil espallar  o comunismo libertario.

martes, 17 de enero de 2012

Fodidos días de inverno na casa.Catarreiras, dores de ósos, recaendo e curando un alcoholismo impenitente, dando voltas,  furgando nos petos, arrimado a lareira cos pensamentos en ningures, reelendo periodicos vellos antes de queimalos; o majaretismose impónse;  ou son cabezas de tormenta como dí Cristian Ferrer.

viernes, 30 de diciembre de 2011


Ante o suposto fin de ano , cumplín co rito de facer limpeza, e aidan que no lle pasei a basoira a cheminea nin espallei a cinza polas leiras, metinlle mano a papeis que destruir. Non teño sitio xa ,nen nas estanterias nen na casa , e ainda que nistes tempos debería escanealos  en gardar nun disco optei por rachar en anacos e botalos ao esterco.
Caeron proclamas revolucionarias,fanzines anarquistas, debuxos e artigos libertarios ,  incendiarios, mal impresos , reeleidos,  e asumidos  . Caeron cadernos cos manuais  de instruccións de aparellos que tiven e algún ainda  teño na casa. Caeron facturas, albarans ,recibos , declaracións de renda  e demáis co que nos chuchan o sangue.  Caeron boletins, instancias, nóminas, requerimentos  e resolucións que condicionaron nalgún momento a vida profesional.  Caeron analíticas, informes e tratamentos médicos ,meus e do meu pai , que xa morrera. Caeron , caeron todos como as follas, e como follas pudrirán. 
 A foto son os bolos de Pena Corneira.  Desexaria feliz ano novo, mais pouca xente creo que lea isto, e amais non creo que sexa  o que ven ,un ano  nin feliz nin bó.

jueves, 29 de diciembre de 2011