viernes, 11 de mayo de 2012


   Querido público, visitantes ocasionais , espías e demáis olhadores diste blog agradézovos  de veras a vósa compaña niste tempo. 

   É tempo de deixalo. Non teño ansia de máis. Durante istes meses fun desgranando ocorrencias mais ou menos repousadas, algúns comentarios sobre iste mundo de merda, mesturado con fotos da miña colleita.

   Quixera ter posto citas  dos libros mais importantes para mín , máis  é un traballo que non dou feito. Quixera ter copiado textos propios  , ou anacos diles , que teño ou debía ter pola casa, máis  tampouco fun capaz. Non paga a pena. Total.. qué?  . Xa hai moita cousa de dios na rede e algunha moi boa.  

   Tiven unha media de 14 visitas a semán que restando as miñas quedarían en dez.  A esas 10 persoas , reitero o saúdo. As visitas proviñan da península ibérica,  da Rusia, dos  Estados Unidos e de Alemania…. Sí é que eran persoas e non bits ou programas  de rastreo ou cousa asi.  Ao fin acabouseme a paciencia e a terapia que supuña descarregar  aquelas cousas xa non a sinto.

     Instalouseme un software de odio social nada constructivo. Sempre estivo eiqui, máis ou menos latente , agora campa as súas anchas.

    O dolor e a enfermidade recente  teñen moito que ver. O xeito de ver as circunstancias actuáis nas que vivimos tamén, e sempre fun embeleñado, non nos imos enganar.

   Agardo  un estoupido social ante o totalitarismo  que cabalga desbocao; mais non será posible sen que  a poboación previamente   leve a cabo unha desintoxicación total das substancias paralizantes que lle estiveron e nos están  inoculando día a día. 

   Leo de cando en vez e ainda medito sobre artigos , blogs, libros e  paxinas de contrainfo e portales anarquistas . Animo i envexo ao xóvenes que queiman e arrasan o centro das ciudades nas protestas ,mais a miña simpatía e admiración céntrase  cada vez máis nos escasos e curtidos atracadores da banca e ladróns en xeral e na xente  que vive ao marxe do sistema, poida que non protesten ,nen loiten deica rebasar certo límite, máis tampoco colabouran. 


¡¡¡¡¡ xa nos veremos en calquer lugar  ou falaremos por calquer medio ¡!!! Saúde!!!!


1 comentario: