viernes, 30 de diciembre de 2011


Ante o suposto fin de ano , cumplín co rito de facer limpeza, e aidan que no lle pasei a basoira a cheminea nin espallei a cinza polas leiras, metinlle mano a papeis que destruir. Non teño sitio xa ,nen nas estanterias nen na casa , e ainda que nistes tempos debería escanealos  en gardar nun disco optei por rachar en anacos e botalos ao esterco.
Caeron proclamas revolucionarias,fanzines anarquistas, debuxos e artigos libertarios ,  incendiarios, mal impresos , reeleidos,  e asumidos  . Caeron cadernos cos manuais  de instruccións de aparellos que tiven e algún ainda  teño na casa. Caeron facturas, albarans ,recibos , declaracións de renda  e demáis co que nos chuchan o sangue.  Caeron boletins, instancias, nóminas, requerimentos  e resolucións que condicionaron nalgún momento a vida profesional.  Caeron analíticas, informes e tratamentos médicos ,meus e do meu pai , que xa morrera. Caeron , caeron todos como as follas, e como follas pudrirán. 
 A foto son os bolos de Pena Corneira.  Desexaria feliz ano novo, mais pouca xente creo que lea isto, e amais non creo que sexa  o que ven ,un ano  nin feliz nin bó.

jueves, 29 de diciembre de 2011

martes, 27 de diciembre de 2011

O meu local preferido pra pasar a festa do fin de ano . Xuntamonos pouc@s , mais levámonos ben .

domingo, 25 de diciembre de 2011



Debátome entre o anarkoretismo, o aldeanismo individualista e o urbanismo sociópata. Pode ser que colla un cacho -o millor- de cada un , ou o pior; iso está por ver.



Fai tempo, i en estes días de festas oficiais, máis , que reparo en que a xente no é feliz. Nom existe a alegría ; fanse esforzos por rir, por mostrarse animado, faladoiro, satisfeitos polo que teñen máis é todo velado con rictus de amargor. é como si o antigo pouso xudeocristian da culpa e o pecado volvera a aflorar con intensidade. Asúmese a culpa da crise economica capitalista, asúmese a penitencia.



Os días de néboa sepultan as xeadas, no se vé o manto blanco, pero o frio é o mesmo e a humidade cala nos ósos.

jueves, 22 de diciembre de 2011

Escoiteino na boca dun reputado psiquiatra: “ la libertad la otorga la normalidad psiquica de un individuo”. Quixo decir que só un individuo coas súas capacidades intelectuais,volitivas e cognitivas non alteradas, diminuidas ou distorsionadas pode ser libre pra facer ou decir. Ergo, se tes limitada ou suprimida a túa liberdade, non podes ter unha normalidade psiquica ; é mais, nesta sociedade non libertaria ninguén pode gozar dunha vida psiquica que non esté perturbada. Logo, a anormalidade psiquica é o normal na sociedade.
Así, entón, @s individuos actualmente sometidos a reclusión, tratamento ou incapacitados son máis “anormales” que os demáis?. –Non- .A sensu contrario, , son máis conscientes da súa falla de liberdade, de que non se trata dunha restricción da mesma, senón dunha ausencia total, e o choque contra esta realidade prodúcese de xeito traumático deixando grande secuela. Se consideramos quén son os máis “anormales “, na lóxica, istes serían a maior parte dos individuos, os que -iles ( nós?)- mesmos consideranse (consideramonos) , sans i equilibrados e cunha psique regulada e conformada pola norma social nos parámetros erróneos e falsos da normalidade que madurou baixo a represión e o control de xeito que a súa ilusión implantada failles creer que son libres.

martes, 20 de diciembre de 2011



Iseoutrodía fixen cuarenta e sete anos.



Non fixen cousa nengunha especial pra ocasión .



Non recapitulei , non fixen exame de vida pasada nen futura , nen lembranzas.



Só tiven dúas felicitacións .



Non aspiro , nin agardo ren .



Traballo só o imprescindible pra que non me boten e pra manter a casa e a terra.



Non me sinto orgulloso por nada do feito ou dito.



Nin amei moito nin sufrín moito.



Non teño aficións.



Leo cando me peta e só escribo frases inconexas.



Ata bebo pouco e non me drogo.



Nos últimos tempos dáme pola xeoloxía e a astronomía; bueno isto é un pouco fachendoso, digamos que reparo máis nas rocas e no firmamento é, penso, saberse insignificante.

lunes, 5 de diciembre de 2011







San Cibrao de Las.

Xa non sei porque me tiran tanto o restos castrexos ; será o silencio, a paisaxe, o maxin tentando reconstruir formas de vida antigas ou certa satisfacción ao contempla-las ruinas , constatando que todo remata. É curioso normalmente sobre as ruinas dunhas civilizacións ergeronse outras e así sucesivamente, máis o castros quedan como testigos sen que ningún pobo construiran nos seus cimentos. Sería polo aquil pouso supersticioso das "cibdades".

viernes, 2 de diciembre de 2011



Remataron días extensos en que lles puxen ollos a avaricia ; son negros e pequenos e a inquina , istes son vidros inexpresivos, blancos e acuosos. Ollei as miradas enfermas , pisei e cheirei o veleno nas corredoiras, nos montes e na pel das alimañas da miña mesma especie .



Morren os cans,as aguias, os lobos e os mesmos homes que sementan de morte os eidos nos que se esqueceron de cultivar alimentos.









tampocuo hai foto

martes, 22 de noviembre de 2011

É sorprendente como se volven a repetir as mismas accións, os mesmos xestos, as mesmas frases , idénticos mecanismos aprehendidos pra desenvolver un traballo . Sen buscar, sen lembrar... automáticamente...despois de dous anos e medio
Cando me convertín nunha máquina? Por fortuna ainda discurro, e penso cousas que non puideron ser cargadas nos meus miolos como un software.
Son máis vello e só aprendín que nada paga moito a pena .
A ditadura remasterizada acabouse de implantar ou "implementar" ( verba saída dos laboratorios de conductas aplicadas moi en boga hoxe que merecería un estudo aparte). Todolos mecanismos do poder están en manos dun grupo determinado ao servizo doutro.
Según as miñas contas uns dez millóns decidiron que as bandas de ultradereita lles gobernen, coma na época nacionalsocialista na alemania ,ainda que eu , como época histórica comparo máis coa restauración , a alternancia de liberales e conservadores, a cacicada, a leccions amañadas e a corrupción xeral e o poder das fortunas.
Pola outra banda outros dez millóns nen sequera se acercaron ás urnas, outro millón, non confiou en nadie e outro millón escribiu merda no papel; máis ainda que destes ultimos foran trinta millón os outros reclamarían con todo o respaldo democrático o dereito a gobernar.
I eu adquirin o dereito a parcelar o meu anaco de anarquía ainda que as veces penso que foi unha concesión pra que non moleste máis de debido.

viernes, 28 de octubre de 2011

viernes, 7 de octubre de 2011



Non lembro dunha seca tan dura como a que padecemos iste ano. A falla de choiva ao longo de meses súmase unha temperatura abafante e un vento sureste que contribue ainda máis a disipar calquer atisbo de lentura.



Pasada a moda do cambio climático, capa de ozono e protocolos varios de reducións de gases tóxicos foi sepultada pola crise capitalista e suplantada polo obxetivo do crecemento ecónomico por encima do que for. A quen se lle ocurre agora plantexar aos gobernos e istes, aos seus secuestradores , os grandes lobbys da industria, a reducións na emision de gases contaminantes?



Mais o futuro é agora, implacavel, e o unico interes ,como xa ten dito moita xente , pra os estados e as empresas e xestionar o desastre , tirarlle beneficios e contro-lá a poboación.



O monte é queimado e o despregue de unidades militares é aplaudido pola xente a as administracións ...



Mos medios todo é anecdótico , se estadísticas , se praias cheas se a hostelería e o PIB. no agro a situación é lamentabel e desastrosa.



Unha seña de identidade de Galicia tan primordial coma o idioma , o tempo e por ende a vexetación e a paisaxe está sendo deturpado e asolado namentras unha chea de porcos indecentes reparten os aforros dos panolis e os que o consinten e aproban rapiñan canto poden.



Non vos estou pra ostias...

jueves, 22 de septiembre de 2011



Seceda. O Courel .


viaxando no tempo... puden sentir as penurias... mais non sentin a pegada da miseria que flue nalgúns barrios de calquer cidade de hoxe.






Armas p'al pueblo. A escoller...

jueves, 8 de septiembre de 2011























Sempre "...Oh¡ Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe"



















Quince anos baixo unha lona e cercado por un valado de arame....por fin luces Dombate.






Nunca din un peso polas igrexas,castelos e monumentos feitos pra posterioridade por xeracións de escravos. Iste é unha maravilla de trabalho en común de fai 4.500 anos... e despois din que a civilización avanza....












lunes, 5 de septiembre de 2011



Non me lembro ben daquela cantiga do grupo "El ultimo de la fila ..." mares que soñé , tierras que no veré...mares que no olvidé??" E como o mundo siga nesta dinámica de degradacion e catástrofe a esta illa quédanlle uns anos





lunes, 29 de agosto de 2011



Eu colgando cintas nas vides pra fazer fuxir aos paxaros e ao fin era o raposo o que me papaba as uvas.Non rein nada cando un vecinho me ensinou as cagadas do raposo coas uvas a medio dixerir. e non só comeu nas uvas se non que me veu zampar un gatiño pequeno acochado na madeira debaixo da casa.



Polo demáis , pouco de interés. Atopei unha raedeira de sílex - confirmado por un experto- nunha praia. téñoñe que sacar unha afoto e colgala.



Un consello, quen poida ,vaia dar unha volta polo salto de Belesar agora baleiro. Os rios non son nósos, son de GAs natural-fenosa e Iberdrola.

viernes, 12 de agosto de 2011



Sigo as revoltas, xa afogadas nas cidades de U.K.
O primer ministro anuncia a sáida as rúas do exército , a interceptación e o control das comunicaciones e o posible toque de queda. Nen o minimo interes en afondar e atallar as causas do descontento social (os rapaces teñen un problema moral que non distinguen o ben do mal…)
O gendarme vela polos intereses dos seus amos; vergallazos con saña pra os díscolos nas terras do benestar .
A fame é a senhora dona de África. A escravitude de Asia y en América as terras son estercadas con cocaina e regadas con sangue. O progreso humán e imparable… cara ao exterminio


I eu, paseo descalzo polas terra reseca, sentindo como estrala a herba agostada dende xuño, as follas como patacas fritidas, o rio con tona verde-marrón non se oe. Xa , tanto me ten que os paxaros papen nas uvas

jueves, 4 de agosto de 2011




¿ainda non sei por qué carallo me emocionan algunhas cousas que vexo?

lunes, 1 de agosto de 2011

Se de algo me serviron istes días de vacaccions foi pra voltar a ver pasar as nubes, aprender a resgardarse do nordeste , darme conta de que como vou envellecendo fisicamente e voltar a ter paixón pola lectura. Primeiro , Felix de Azúa (Mansura), logo Max Aub(campo de sangre), seguindo con Juan Benet(volverán a Región) e por último un libro de Ricardo Carballo Calero (scorpio) que merquei por 1 euro nunha tenda ferreteria-droguería-ultramarinos.
E a auga do mar máis quente que o ar. Hai que se foder.

jueves, 23 de junio de 2011

lunes, 20 de junio de 2011

Dende hai uns días ando preocupao.
Ise outro día fomos a compañeira i eu a comprar pra despensa e algunhas cousas para casa.
Era un día normal, de súpeto empeceime a encontrar estrano – no senso literal do termo-; as voces, as conversas das caixeiras,da xente, as preguntas da muller soaban lonxanas e tardaban moito tempo en chegarme ao cerebro pra poder interpretalas e dar resposta, os movementos facianse lentos e vacilantes. Non era a primeira vez, mais si tan de súpeto, sen motivo e tan forte.
Pensei se me estaría dando un jamacuco na cabeza , descarteino porque non tiña mareos i era moi consciente de todo.
Todo perdeu importancia e unha turbia hostilidad se asentou na cabeza.
Tentei disimular pero non fun convincente; a expresión debeume delatar.
Só agardaba ansioso por chegar a casa, quedar só, e baleirar dun grolo aquela botella de tinto aberta de visperas.
Fíxeno, máis non me atopei millor.
Os síntomas foron remitindo co paso dos días, non me abandoaron de todo, simplesmente os asumín.

Hoxe non hai fotos

jueves, 9 de junio de 2011



A conquista do pan ? e do polbo e do viño? e do bacallao?

Non somos nada i en mangas de camisa menos.

O que hay que roer!!

A vida é moi puta e só aprendes de carallazos! .......sentencias dos altos do Furriolo.

Nos días en que non descansas pola noite ves a vida por unha mirilla .

jueves, 2 de junio de 2011







Antonte flipei cando vin unha londra nadando no rio, perto da miña casa , son cousas que fan que te reconcilies coa vida.


Nos ultimo tempos sigo aos de tinta negra.blogspot...aconsello , son do millor .

viernes, 20 de mayo de 2011




Spanish revolution? Pode ser…nestes tempos no que o sistema se apropia das verbas vaciandoas de contido , revolución pode ser calquera cousa…Eu prefiro revolta, e non vexo revolta por ningures e cando aparecen brotes estos sí que son reprimidos con dureza e denunciada por chivatos pacíficos.
A quen se quere facer cun sitio nas gradas da politica , dos negocios, do traballo.. da sociedade …non culpo, é o que lles prometeron se estudaban moito i eran obedientes., invirtiron moito niles e agora estan na rúa, foiche outro timo como o dos bancos e os seus bonos, como o ladrillo .
Aos indigentes, anarquistas, blocos negros e antisistema que estena dispostos a liquidar con iste montaxe de dictadura electoralista financiera e mercantil e que non teñen que perder , a istes saúdo.








Sorte a uns e outros

lunes, 16 de mayo de 2011

Alfabetos...Que dís,meu?




lunes, 9 de mayo de 2011


Pouca cousa que pague apena reflectir niste escaparate onde nin se merca nin se vende.
So morte a prezo de saldo no mundo .
Un cadro roubado a expoplanetarium que vou pendurar da parede e unha imaxe dun musaraño dos que andan a cazar os gatos, o que non me fai gracia, pois comen moitos insectos; que cacen ratos, toupas ou cobras tanto me ten pero a istes bechiños teñolles simpatía.


u

martes, 19 de abril de 2011



Hai uns días atrás vin un cartaz da festa do millo corvo en Meiro-Bueu.

Saúdos sexan dados dende eiqui.


Pachanguita na praia, cocacola, centímetros cubicos e cabalos; pola estrada arriba carretillo de herba, paisano boina e cigarro.


Sentado no escano pensei como seria vivir alí donde a vida non vale un peso, e viver como se a túa vida non tivera valor.


Viaxei dabondo con gugelmaps.. por unha estrada de montaña chea de curvas..a volta dunha delas acabei no medio dun tunel no que non se albiscaba nen o principio nen o fin, non había saída de escape , nen luces de emerxencia... tanto tiña ir cara un lado coma ao outro... agora estou de volta sen emoción .No houbo sorpresas.



miércoles, 6 de abril de 2011


Nistes días invádeme sensación de nostalxia ..a revolucion permanente e a insurreción decapitada non foi en balde, quero pensar que semente deixou.

viernes, 1 de abril de 2011


Non podo deixar de sorrir

martes, 29 de marzo de 2011


Desligei o televisor; e fai días que non abro un jornal. Xa non me lembro de prender a radio. Desterrrei verbas como cooperación, participación , comunicación e solidariedade. En non penso en nada , nen sequera en mín. So agardo ver medrar a herba. E hoxe descubrin que onde vivo está cheo do arbore e dos frutos do loto; i eu a cortar niles porque me desfan os muros…coido que non comin ningún..., mais un estraño maleficio ou unha venganza soterrada se debeu apoderar de min e os seus efectos deberon pasar ao sistema nervioso pola queima continua na lareira todos iste invernos.

viernes, 25 de febrero de 2011

Tyrrels Corporations, hoxe.
por riba de nós,
en calquera cidade,
simbolos do poder,
como antano as pirámides só esperan
caer co paso do tempo
ou ser derrubadas.

viernes, 4 de febrero de 2011