lunes, 22 de marzo de 2010


Ben que me distrae olhar pra o que acontece cerca de min ,
sen intervir,
artellando
dous finais distintos pra cada evento.
E non sempre erro.
Ainda que tamén tanto ten.

martes, 16 de marzo de 2010

KARKOMIDO

Moitas veces teño oido que,
porque nos ven cheos de pó da madeira,
estamos carcomidos.
Mais engánanse,
non somos nós os carcomidos,
é a sociedade ao noso redor
a que esta furada pola carcoma do envilecemento,
a violencia e a corrupción xeral dos sistemas políticos i económicos;
e, ao paso por ela ,
por pouco que un se roce
, ficas impregnado
ao non estarmos provistos
da necesaria cotra de hipocrisia , acatamento, e acomodación,
da súa noventa exudación.
Iso é tudo.

martes, 9 de marzo de 2010

ACCESIT DO CERTAME DE MICRORELATOS
DA COMISION DE FESTAS DE SANGUÑEDO


Nunca na vida nada fixera.
Nunca na vida a nadie quixera.
Ata que atopei a un can.
Cando eu comía, il comía, cando il morreu , eu morrín.
Dixémonos ata logo unha manhá ,
enriba dunhas toradas de carballo,
contando con volver a choutar polos carreiros de sempre.
Xa o decía o avó; “a xente só traballa por dinheiro,
se queres un amigo faite cun cadelo”.

lunes, 8 de marzo de 2010



"...EL TRABAJO,LA MISERIA, LA EDUCACION, LA MORAL, LA RELIGION, EL RESPETO A LA RIQUEZA, EL RESPETO A LA DISCIPLINA, EL RESPETO A LA POLICIA Y AL ESTADO SON TODOS ABORTOS ANTINATURALES QUE HAN SIDO IMPUESTOS POR LA TRINIDAD INFAME DE LA AUTORIDAD ESTATAL: CAPITALISMO, CLERICALISMO Y MILITARISMO.

QUEBRAR ESTA CADENA ASESINA QUE NOS PERSIGUE DESDE MILENIOS, GOLPEAR, APLASTAR ESTE PECADO ORIGINAL DEL HOMBRE MODERNO ES TODA LA OBRA QUE TIENE POR FIN EL ANARQUISMO."

Severino Di Giovanni. Argentina 1929.

jueves, 4 de marzo de 2010



Cando abros os olhos pola mañá gústame ver o soriso da miña moza pola fiestra.