viernes, 20 de abril de 2012


Estamos no tempo dos embustes. É a nova era da hipocresía e do engano.
Lembro, e no son moi vello, cando un  home ou muller que fallaba a palavra dada era  tido pola comunidad como de nengunha confianza deica a restablecerá e cumprira co dito.
 Hoxe non ;  hoxe o decir o que a xente quere oir é norma. As mentiras dinse sen ningún rubor.  A dobrez no discurso oral i escrito é evidente e aceptado como tal. A xente  precisa ser engañada pra sentirse esperanzada, tranquila e conforme co sistema político social i económico.   Os eufemismos, a meias verdades  e a intencionalidad no emprego de termos imprecisos i expresións confusas e un doctorado pra ralea política , económica e paramilitar.
   O pior é que a xente está adoptando e interiorizando esta forma de ser e comportarse entre iles mesmos. As conversacións oscilan entre o ocultismo sobre o que un pensa i a expresión tibia e sen compromiso, cando non a mentira descarada e o engano con e sen finalidade. 

Seguimos no baixo miño. O espectáculo do miño entrando no mar é dos millores que gardo .

miércoles, 18 de abril de 2012


Pois resulta que un cristal de calcio, semellante a unha esquirla,  descende como pode polas paredes do uréter na busca da vexiga e da liberdade  final. Hai que roelo y hai que se foder cos médicos; para iles canto menos sepas millor che é. Según il porque teño riles ocórreme  isto. Pode volver acontecer? Ao pior sí, ao millor non. Que acontecerá nos intres da expulsión? pode que non o notes apenas, pode que che doa ,se é asi ,vai a urxencias. Deben pensar que xa o sabemos todo pola interné.
En quince días logrei esquecerme  do viño e a cervexa diaria aturando a abstinencia.
Que caia auga por dentro e por fora.
A foto é dun trisquel de Santa tegra-A Guarda. Uns din que é representacion do sol outros do principio e o fin da vida. .. tanto me ten.


jueves, 12 de abril de 2012


Xa pasei en tempos fodidas dores de moas. Coñecin a lumbalxia aguda e pouco despois unha ciática severa.  Agora pasei por un terrible cólico de riles que me fixo mexar sangue…que me resta? Unha dor de oídos…terei que palpar madeira. Agardaremos a ver  por onde carallo circulan as pedras.
Como de todo se saca algo bó;  decir que me serviu pra me plantexar a forma de vivir; cando pensei que xa  estaba a facer  unha vida ben saludable , dinme conta de que ainda me falta po rme esquecer do alcohol, rebaixar o consumo de sal, o sucre e o tabaco,  e en en iso estou, si é que a estas alturas son capaz .
   E diste  xeito contrarrestar, polo que estea na mao,  os evidentes defectos de fabricación.  De paso calmar a miña compañeira que non quere que morra axiña.
 Porque ao fin choveu algo e optimista, olho os brotes tenros que reverdeceron nas árbores e non os da puta economía esclavista e represora como o pior  pesadelo fascista que subrepticiamente  as veces e  sen asomo de ocultación ningún outras, se está apropiando das nosas vidas. Nunca houbo outra solución, a realidade confirmamo, non poderás fuxir , non che deixaran vivir como queiras ; so resta o enfrentamento, o asedio e o derribo .

martes, 3 de abril de 2012

Acabo de ver polas fiestras do traballo como un gatiño morría destrozado polas rodas dun coche, cruzou dende os xardíns ao segundo intento , esquivou unha moto, un coche  pero o terceriro estragouno, ainda se retorceu e arrastrou desfeito por dentro, pra acabar inmóvil, morto, perto do bordillo, enriba da  linha amarilla da parada do bus. O piloto do cohe asesino  nen diminou a velocidade nen  parou ainda que sentira o topetazo. .Só dous vellos que pasaban ao carón , repararon e miraron a sua corta agonía, amáis de mín e dun  compañeiro que arrepiamos co trance. Entre isto e o apocalipse da fraga do Eume que imos agardar.?.. , unha aurora nova ou un anoitecer perpetuo.

A foto é duns gatiños que tiven fai anos, sabe dios en que andurriales  andan só un ven de cando en vez pola casa.