jueves, 23 de febrero de 2012
Ainda non cau unha pinga de auga dende o anterior e xa estamos a fin de febreiro.Botei patacas na polveira. Antonte morreume a gata que se chamaba "agata". levaba con nós dez anos. Botei fora da casa todo o día e cando cheguei a noite atopeina morta no camiño que vai a bodega, tesa xa. Non tiña golpes, nen feridas de pelexa, e tampoco lle vin na lingoa fora ou espuma de ter comido algún cebo envelenado. Polo que deducin que morreu dun infarto ou asi pola idade,e iso que non vin nela nos derradeiros días signo algún de senectude ou enfermidade. Sentino ben . Era agarimosa e moi cazadora. Levou unha boa vida ceibe e tivo 6 partos , so lle quedou unha filla que anda por alí ,ainda que esta é esquiva, e só ven a hora de xantar. Fixenlle un cadaleito cunha caixa de fruta, e a modo de mortalla , un saco das patacas. Soterreina ao pé dunha pereira. Foi o colofón a unha tempada escura ,bronca e a un antroido de cor gris. Hoxe tampouco hai foto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario