Iseoutrodía fixen cuarenta e sete anos.
Non fixen cousa nengunha especial pra ocasión .
Non recapitulei , non fixen exame de vida pasada nen futura , nen lembranzas.
Só tiven dúas felicitacións .
Non aspiro , nin agardo ren .
Traballo só o imprescindible pra que non me boten e pra manter a casa e a terra.
Non me sinto orgulloso por nada do feito ou dito.
Nin amei moito nin sufrín moito.
Non teño aficións.
Leo cando me peta e só escribo frases inconexas.
Ata bebo pouco e non me drogo.
Nos últimos tempos dáme pola xeoloxía e a astronomía; bueno isto é un pouco fachendoso, digamos que reparo máis nas rocas e no firmamento é, penso, saberse insignificante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario