viernes, 23 de marzo de 2012


Instantánea de dous curmáns  que  quedaron para xantar.
Polo que se ve lévanse millor que moitos de nós.   
 Non lembro onde a fixemos  , coido que foi nunha aldea entre a Rúa e Quiroga.

  Movementos espirais ante a folga xeral… ninguén, nen sequera os sindicatos anarquistas  ,van reinvindicar unha vida sen a escravitude do traballo asalariado ,ainda que o emperifollen con  todolos  dereitos  i estatutos progresistas do mundo ‘? , -que como imos vendo non son máis que papel mollado cando toca  - 
  Será o de sempre:  non é unha postura realista nen posibilista… son utopías…, hai que limitarse a realidade, dar por feito a explotación do home polo home é loitar por millorar a situación actual do traballador .Pode ser.  Tamen irei a folga, máis as miñas conviccións son outras.

miércoles, 21 de marzo de 2012


“ Todo Por Nada “, del disco “Inoxidable”, atacan:     "  M.C.D  e  “Parabellum”.
La cinta  k7 rota e dobrada, o Cd raiado

viernes, 16 de marzo de 2012

Morreu  Moebius o debuxante, e Benjamin Escarza de Radio Tarifa, por gratitude, que a terra lles sexa leve.
 Admiro os antigos muretes de pedra das corredoiras e das leiras tanto  como odio os valados de arame e os postes de cemento

martes, 13 de marzo de 2012

Isto non ten xeito nengún.
Roubárono-lo outono e agora estanos a roubar a primaveira.
As temperaturas máis altas de Europa… as árbores en fror unha semán denantes de que remate o inverno…; eu asisto ao espectáculo , incrédulo , ollando como dun día para outro se saen as leitugas, os grelos e ata a berza e o repolo . Ao rematar o día, saco o pó seco do naris.
   A xente esta leda , en camiseta e gafas de sol, agardando polo feriado do día do pai , a semana santa e a folga xeral.  Eu  debería tamén estar ledo , máis estou acabando co viño da cosecha .

lunes, 5 de marzo de 2012

    Levo unha  vida que  vai a deriva. Lémbrome de cando vivía  no mar; nun día de temporal de inverno, a un mercante caeulle parte da mercadoría , eran troncos de madeira de árbores tropicais, e pola súa densidade o algunha ley da física, os troncos ían a deriva, sumerxidos a uns quince centímetros ,de xeito que non eran visibles nen pra os pesqueiros nen pra o resto de trasego marítimo na ría, o que constituiu un verdadeiro perigo  ao longo dos días ata que  foron localizados e izados, ainda que supoño que algún, quizais ,foi para o fundo . Non sei que terá que ver , máis non o saco dos miolos.
Terian que rematar os tempos de denuncia e desenmascaramento do sistema, é ben sabido todas en cada un das abominacións nas que incorre i é xeral que todo o mundo as coñece. Serían tempos de escomenzar a planear o derrube e a reconstrucción do mundo coas ideas libertarias ou quizais planear e construir outra civilización  ao marxe do actual sistema e o derrube sería consecuencia inmediata da súa falla de apoio? …Máis eu estou tan canso .  

viernes, 24 de febrero de 2012


 As palabras máis sinxelas  e básicas son monosílabas ou como moito bisilábicas . 

Restos antropoloxicos dalgunha xerga idiomática, común , indoeuropea que no rastro histórico e similar con poucas variacións fonéticas nas lingoas actuáis faladas dende Galicia a India.

“pan, mar, sal ,un, dous, tres, pé,  man, pai, nai , sol, lúa,  can, pau…..-“

Conforme se van engadindo sílabas ou fonemas o seu significado faise máis complicado ; as novas acepcións para designar obxectos , sentimentos e relacions escomenzaron a soar artificiais,  atá chegar ao punto actual de que as palabras semellan nacer, non do común da xente,  senón de laboratorios ,tal ca os virus, que inoculados na sociedade polos medios de comunicación , deseguida se espallan valeiros do  seu sinificao  orixinal . Asi   foron prostituidas “revolución” e “revolta.

A foto é do pai Minho, medio kilómetro despois do encoro da foto anterior e visto dende as terras de Chantada e os socalcos da ribeira sacra

jueves, 23 de febrero de 2012

Ainda non cau unha pinga de auga  dende o anterior e xa estamos a fin de febreiro.Botei patacas na polveira. Antonte morreume a gata que se chamaba "agata". levaba con nós dez anos. Botei  fora da casa todo o día e cando cheguei a noite atopeina morta no camiño que vai a bodega, tesa xa. Non tiña golpes, nen feridas de pelexa, e tampoco lle vin na lingoa fora  ou espuma de ter comido algún cebo envelenado. Polo que deducin que morreu dun infarto ou asi pola idade,e iso que non vin nela nos derradeiros días signo algún  de senectude ou enfermidade. Sentino ben  . Era agarimosa e moi cazadora. Levou unha boa vida ceibe e tivo 6 partos , so lle quedou unha filla que anda por alí ,ainda que esta é esquiva, e só ven a hora de xantar. Fixenlle un cadaleito  cunha caixa de fruta, e a modo de mortalla , un saco das patacas. Soterreina ao pé dunha pereira. Foi o colofón a unha tempada escura ,bronca e a un antroido de cor gris. Hoxe tampouco hai foto