Seica cando non se ten nada do que falar fálase do tempo. No é certo. Alomenos no meu caso. É-me un asunto ben desacougante. Despois dun vrao seco en exceso e un outono quente e seco, seguimos cun inverno seco Apenas chove en Galicia, algun orballo e ocasionalmente polo norte e na costa; eiqui no interior ren. A terra está reseca e os regatos mudos. Iseoutro día estiven prantando os allos porros e unhas fresas i é penoso; a terra non ten lentura nengunha; ter que regar no mes de xaneiro é ben triste. Mías non pasa nada, sae o sol , a xente pasea, as terrazas volvense a encher . Todo é "coyuntural"(non sei se tera traducción pra o o galego), son "fenómenos de ciclos ambientais". Cajoendiós, non volverá unha glaciación que nos encha de neve ata os collons, e así voltar a disputarlle a comida aos lobos. Millor tratar con lobos que cos boitres, quenllas , corvos e ratas que hoxe mandan .
O foto é de Belesar un dos maiores embalses do Miño , a primeiros de outono. entre a seca e o vaziado que fixeron pra obrar e poder turbinar e producir máis ainda. Ainda hai más formas de cárceres que as que encerran aos homes.
lunes, 30 de enero de 2012
martes, 24 de enero de 2012
Antonte fun a unha asamblea. En dez anos era a primeira
vez que ía a unha reunión da asociación de veciños do pobo onde vivo, e da que
son socio dende fai tres ou catro, xa non lembro.
A orde do día ou os temas a tratar
é o de menos; o caso é que acho que a xente está perdendo
definitivamente a capacidad de
debater, de acadar acordos que signifiquen melloras no común.
O asamblearismo foi defenestrado sen remisión
e será moi difícil a súa recuperación .
Case
todo é mezquindade, nimiedades , intereses persoais , e rivalidades inter-familias .
O ton vai dende o de condescendente ao
indignado , do sabido ao alporizado , non hai ton de concordia nin se escoita ao de enfrente máis que pra rebatilo .
Semella harto dificil pasar dun tema a outro, votar a mao alzada, aprobalo ou
non, e seguir pra adiante .
Asi é;
a competencia e a desconfianza fornecida polo poder económico destes tempos globalizadores ,continuadora da dictadura franquista e da estafa da
democracia parlamentaria estan dándolle
coiteladas a morte a xestión grupal , penso que en todo tipo de asociacións , cando non
son estas directamente promovidas e
conducidas polos propios intereses dos partidos politicos e os gobernos de
turno como canalizadores das ansias da participacion e xestión directa que
existe no ser humano.
O inimigo fixo ben o seu traballo. Vai ser dificil un cambio revolucionario na forma de pensar , vai ser dificil que chegue a anarquía ; vai ser difícil espallar o comunismo libertario.
martes, 17 de enero de 2012
Fodidos días de inverno na casa.Catarreiras, dores de ósos, recaendo e curando un alcoholismo impenitente, dando voltas, furgando nos petos, arrimado a lareira cos pensamentos en ningures, reelendo periodicos vellos antes de queimalos; o majaretismose impónse; ou son cabezas de tormenta como dí Cristian Ferrer.
viernes, 30 de diciembre de 2011
Ante o suposto fin de ano , cumplín co rito de facer
limpeza, e aidan que no lle pasei a basoira a cheminea nin espallei a cinza
polas leiras, metinlle mano a papeis que destruir. Non teño sitio xa ,nen nas
estanterias nen na casa , e ainda que nistes tempos debería escanealos en gardar nun disco optei por rachar en anacos
e botalos ao esterco.
Caeron proclamas revolucionarias,fanzines anarquistas, debuxos e
artigos libertarios , incendiarios, mal impresos , reeleidos, e asumidos . Caeron cadernos cos manuais de instruccións de aparellos que tiven e algún
ainda teño na casa. Caeron facturas,
albarans ,recibos , declaracións de renda e demáis co que nos chuchan o sangue. Caeron boletins, instancias, nóminas, requerimentos
e resolucións que condicionaron nalgún momento a vida
profesional. Caeron analíticas, informes
e tratamentos médicos ,meus e do meu pai , que xa morrera. Caeron , caeron todos como as
follas, e como follas pudrirán.
A foto son os bolos de Pena Corneira. Desexaria feliz ano novo, mais pouca xente creo que lea isto, e amais non creo que sexa o que ven ,un ano nin feliz nin bó.
jueves, 29 de diciembre de 2011
domingo, 25 de diciembre de 2011
Debátome entre o anarkoretismo, o aldeanismo individualista e o urbanismo sociópata. Pode ser que colla un cacho -o millor- de cada un , ou o pior; iso está por ver.
Fai tempo, i en estes días de festas oficiais, máis , que reparo en que a xente no é feliz. Nom existe a alegría ; fanse esforzos por rir, por mostrarse animado, faladoiro, satisfeitos polo que teñen máis é todo velado con rictus de amargor. é como si o antigo pouso xudeocristian da culpa e o pecado volvera a aflorar con intensidade. Asúmese a culpa da crise economica capitalista, asúmese a penitencia.
Os días de néboa sepultan as xeadas, no se vé o manto blanco, pero o frio é o mesmo e a humidade cala nos ósos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
