viernes, 12 de agosto de 2011



Sigo as revoltas, xa afogadas nas cidades de U.K.
O primer ministro anuncia a sáida as rúas do exército , a interceptación e o control das comunicaciones e o posible toque de queda. Nen o minimo interes en afondar e atallar as causas do descontento social (os rapaces teñen un problema moral que non distinguen o ben do mal…)
O gendarme vela polos intereses dos seus amos; vergallazos con saña pra os díscolos nas terras do benestar .
A fame é a senhora dona de África. A escravitude de Asia y en América as terras son estercadas con cocaina e regadas con sangue. O progreso humán e imparable… cara ao exterminio


I eu, paseo descalzo polas terra reseca, sentindo como estrala a herba agostada dende xuño, as follas como patacas fritidas, o rio con tona verde-marrón non se oe. Xa , tanto me ten que os paxaros papen nas uvas

jueves, 4 de agosto de 2011




¿ainda non sei por qué carallo me emocionan algunhas cousas que vexo?

lunes, 1 de agosto de 2011

Se de algo me serviron istes días de vacaccions foi pra voltar a ver pasar as nubes, aprender a resgardarse do nordeste , darme conta de que como vou envellecendo fisicamente e voltar a ter paixón pola lectura. Primeiro , Felix de Azúa (Mansura), logo Max Aub(campo de sangre), seguindo con Juan Benet(volverán a Región) e por último un libro de Ricardo Carballo Calero (scorpio) que merquei por 1 euro nunha tenda ferreteria-droguería-ultramarinos.
E a auga do mar máis quente que o ar. Hai que se foder.

jueves, 23 de junio de 2011

lunes, 20 de junio de 2011

Dende hai uns días ando preocupao.
Ise outro día fomos a compañeira i eu a comprar pra despensa e algunhas cousas para casa.
Era un día normal, de súpeto empeceime a encontrar estrano – no senso literal do termo-; as voces, as conversas das caixeiras,da xente, as preguntas da muller soaban lonxanas e tardaban moito tempo en chegarme ao cerebro pra poder interpretalas e dar resposta, os movementos facianse lentos e vacilantes. Non era a primeira vez, mais si tan de súpeto, sen motivo e tan forte.
Pensei se me estaría dando un jamacuco na cabeza , descarteino porque non tiña mareos i era moi consciente de todo.
Todo perdeu importancia e unha turbia hostilidad se asentou na cabeza.
Tentei disimular pero non fun convincente; a expresión debeume delatar.
Só agardaba ansioso por chegar a casa, quedar só, e baleirar dun grolo aquela botella de tinto aberta de visperas.
Fíxeno, máis non me atopei millor.
Os síntomas foron remitindo co paso dos días, non me abandoaron de todo, simplesmente os asumín.

Hoxe non hai fotos

jueves, 9 de junio de 2011



A conquista do pan ? e do polbo e do viño? e do bacallao?

Non somos nada i en mangas de camisa menos.

O que hay que roer!!

A vida é moi puta e só aprendes de carallazos! .......sentencias dos altos do Furriolo.

Nos días en que non descansas pola noite ves a vida por unha mirilla .

jueves, 2 de junio de 2011







Antonte flipei cando vin unha londra nadando no rio, perto da miña casa , son cousas que fan que te reconcilies coa vida.


Nos ultimo tempos sigo aos de tinta negra.blogspot...aconsello , son do millor .