Xa pasei en tempos fodidas dores
de moas. Coñecin a lumbalxia aguda e pouco despois unha ciática severa. Agora pasei por un terrible cólico de riles
que me fixo mexar sangue…que me resta? Unha dor de oídos…terei que palpar
madeira. Agardaremos a ver por onde
carallo circulan as pedras.
Como de todo se saca algo bó; decir que me serviu pra me plantexar a forma
de vivir; cando pensei que xa estaba a
facer unha vida ben saludable , dinme conta de que ainda me falta po rme esquecer do alcohol, rebaixar o consumo de sal, o sucre e o tabaco, e en en iso estou, si é que a estas alturas
son capaz .
E diste xeito contrarrestar,
polo que estea na mao, os evidentes
defectos de fabricación. De paso calmar a
miña compañeira que non quere que morra axiña.
Porque ao fin choveu algo e optimista, olho os
brotes tenros que reverdeceron nas árbores e non os da puta economía esclavista
e represora como o pior pesadelo
fascista que subrepticiamente as veces e
sen asomo de ocultación ningún outras, se
está apropiando das nosas vidas. Nunca houbo outra solución, a realidade
confirmamo, non poderás fuxir , non che deixaran vivir como queiras ; so resta o
enfrentamento, o asedio e o derribo .
No hay comentarios:
Publicar un comentario