martes, 3 de abril de 2012

Acabo de ver polas fiestras do traballo como un gatiño morría destrozado polas rodas dun coche, cruzou dende os xardíns ao segundo intento , esquivou unha moto, un coche  pero o terceriro estragouno, ainda se retorceu e arrastrou desfeito por dentro, pra acabar inmóvil, morto, perto do bordillo, enriba da  linha amarilla da parada do bus. O piloto do cohe asesino  nen diminou a velocidade nen  parou ainda que sentira o topetazo. .Só dous vellos que pasaban ao carón , repararon e miraron a sua corta agonía, amáis de mín e dun  compañeiro que arrepiamos co trance. Entre isto e o apocalipse da fraga do Eume que imos agardar.?.. , unha aurora nova ou un anoitecer perpetuo.

A foto é duns gatiños que tiven fai anos, sabe dios en que andurriales  andan só un ven de cando en vez pola casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario