![]() |
| Polo que deducen os arqueologos que o luxo, nises tempos, consistía en non ter que haber feito uso dises útiles... |
miércoles, 28 de marzo de 2012
viernes, 23 de marzo de 2012
Instantánea de dous curmáns que quedaron para xantar.
Polo que se ve lévanse
millor que moitos de nós.
Non lembro
onde a fixemos , coido que foi nunha
aldea entre a Rúa e Quiroga.
Movementos espirais ante a folga xeral… ninguén,
nen sequera os sindicatos anarquistas ,van
reinvindicar unha vida sen a escravitude do traballo asalariado ,ainda que o
emperifollen con todolos dereitos
i estatutos progresistas do mundo ‘? , -que como imos vendo non son máis que papel
mollado cando toca -
Será o de sempre: non é unha postura realista nen posibilista…
son utopías…, hai que limitarse a realidade, dar por feito a explotación do
home polo home é loitar por millorar a situación actual do traballador .Pode
ser. Tamen irei a folga, máis as miñas conviccións
son outras.
miércoles, 21 de marzo de 2012
viernes, 16 de marzo de 2012
martes, 13 de marzo de 2012
Isto non ten xeito nengún.
Roubárono-lo outono e agora estanos a roubar a primaveira.
As temperaturas máis altas de Europa… as árbores en fror unha semán denantes de que remate o inverno…; eu asisto ao espectáculo , incrédulo , ollando como dun día para outro se saen as leitugas, os grelos e ata a berza e o repolo . Ao rematar o día, saco o pó seco do naris.
A xente esta leda , en camiseta e gafas de sol, agardando polo feriado do día do pai , a semana santa e a folga xeral. Eu debería tamén estar ledo , máis estou acabando co viño da cosecha .
lunes, 5 de marzo de 2012
Levo unha vida que vai a deriva. Lémbrome de cando vivía no mar; nun día de temporal de inverno, a un mercante caeulle parte da mercadoría , eran troncos de madeira de árbores tropicais, e pola súa densidade o algunha ley da física, os troncos ían a deriva, sumerxidos a uns quince centímetros ,de xeito que non eran visibles nen pra os pesqueiros nen pra o resto de trasego marítimo na ría, o que constituiu un verdadeiro perigo ao longo dos días ata que foron localizados e izados, ainda que supoño que algún, quizais ,foi para o fundo . Non sei que terá que ver , máis non o saco dos miolos.
Terian que rematar os tempos de denuncia e desenmascaramento do sistema, é ben sabido todas en cada un das abominacións nas que incorre i é xeral que todo o mundo as coñece. Serían tempos de escomenzar a planear o derrube e a reconstrucción do mundo coas ideas libertarias ou quizais planear e construir outra civilización ao marxe do actual sistema e o derrube sería consecuencia inmediata da súa falla de apoio? …Máis eu estou tan canso .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


