martes, 21 de diciembre de 2010

Mapa da actividade cerebral dun paisano calquera nun día de moitos ,feito por entomografía coaxial descompensada na unidade de coidados paliativos.

domingo, 7 de noviembre de 2010


enigma .xeroglífico. arte .foto-video-montaxe.diario .blog. de tempos remotos.

domingo, 24 de octubre de 2010



ándale, ándale...gentileza de caverna.

Dende a primaveira ata o outono, semella que o tempo non pasa.
Mais sí que o fai , e todo muda moi apresa.
Como Tambourini fuches vivir a Lampedusa i era Santorini.
Pensaches vivir trabalhando o brillante aceiro i era todo ferralla.
Só tes brillo nos ollos cando o reflicte o lume.
Agora cos pezunhos chantados na terra xeada ollas sen interés para estrada sabendo que tes monte dabondo as túas costas.
Zoan verbas de Pessoa nas oidos: ” Há metáforas que sao mais reais do que a gente que anda na rúa. Há imagens nos recantos de livros que vivem mais nitidamente que muito homem e muita mulher”

lunes, 22 de marzo de 2010


Ben que me distrae olhar pra o que acontece cerca de min ,
sen intervir,
artellando
dous finais distintos pra cada evento.
E non sempre erro.
Ainda que tamén tanto ten.

martes, 16 de marzo de 2010

KARKOMIDO

Moitas veces teño oido que,
porque nos ven cheos de pó da madeira,
estamos carcomidos.
Mais engánanse,
non somos nós os carcomidos,
é a sociedade ao noso redor
a que esta furada pola carcoma do envilecemento,
a violencia e a corrupción xeral dos sistemas políticos i económicos;
e, ao paso por ela ,
por pouco que un se roce
, ficas impregnado
ao non estarmos provistos
da necesaria cotra de hipocrisia , acatamento, e acomodación,
da súa noventa exudación.
Iso é tudo.

martes, 9 de marzo de 2010

ACCESIT DO CERTAME DE MICRORELATOS
DA COMISION DE FESTAS DE SANGUÑEDO


Nunca na vida nada fixera.
Nunca na vida a nadie quixera.
Ata que atopei a un can.
Cando eu comía, il comía, cando il morreu , eu morrín.
Dixémonos ata logo unha manhá ,
enriba dunhas toradas de carballo,
contando con volver a choutar polos carreiros de sempre.
Xa o decía o avó; “a xente só traballa por dinheiro,
se queres un amigo faite cun cadelo”.